Posgrao Especialista en Xestión de Cooperativas – UVigo, e Posgrao en Dirección e Xestión de Pemes e Cooperativas – UVigo.
Socio das cooperativas Arbore Consumo Consciente, Fiare Banca Etica, Som Energia, El Salto Diario, e en Coop57 Servizos Eticos e Solidarios.
Traballou na Federación de Cooperativas Sinerxia, e actualmente na Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Experiencia profesional de máis de 33 anos en funcións de xerencia, coordinación e xestión de proxectos de asociacións de cooperativas; formación, asesoramento e consultoría, divulgación, estudos, e publicacións, emprendemento, dirección e xestión de cooperativas e empresas de economía social e solidaria (ESS).
Formadora ou docente en formato presencial e teleformación, alén das temáticas comentadas no parágrafo anterior, en 1) planeamento e xestión comercial nas cooperativas; 2) intercooperación (procesos e proxectos); 3) redes de prescritoras en emprendemento e consolidación no cooperativismo e a ESS.
Formador, nas modalidades presencial e teleformación, en diversas materias relacionadas con planeamento e xestión comercial nas cooperativas; intercooperación (procesos e proxectos); redes de prescritoras en emprendemento e consolidación no cooperativismo e a ESS.
Promotor da cooperativa Coop57 -Sección Territorial de Galiza-, integrante do Consello de Sección e do Consello Reitor e Secretario Técnico da SecciónTerritorial durante máis de doce anos; integrante do Consello Reitor de Árbore Consumo Consciente durante catro anos.